
· Este armario automatizado permitirá axilizar o proceso ao non ter que pasar pola oficina.
· Nas próximas semanas instalaranse noutras localizacións.
O Concello de Camariñas xa conta cun punto de recollida de paquetes de Correos na Praza do Mercado, un lugar alternativo á oficina postal tradicional onde a clientela pode recibir ou enviar os seus paquetes dun xeito sinxelo e moito máis áxil.
Ante a redución de horarios que están a sufrir as oficinas de Correos no municipio, a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, solicitou que se instalase esta infraestrutura. Nas próximas semanas instalarase noutras localizacións do municipio.
Este armario automatizado conta con compartimentos de distintos tamaños. Unha das principais vantaxes é que tanto os envíos como as recollidas poden facerse fóra do horario habitual das oficinas de Correos, con procesos cómodos e flexibles e, ademais, reducindo as colas nas oficinas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.