
No encontro abordaron tamén a recepción por parte do Concello de 8,7 millóns de euros de fondos EDIL para acometer diversas melloras
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu en María Pita ao novo subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde. Ambos mantiveron o seu primeiro encontro institucional desde que Abalde foi nomeado e puideron debater sobre as principais liñas de colaboración entre ambas administracións. No encontro abordaron os distintos investimentos que o Estado ten en marcha na cidade da Coruña.
A alcaldesa e o subdelegado analizaron os avances que se veñen producindo na cidade en eidos como a Vivenda, Transporte ou as Infraestruturas, con “proxectos nos que a colaboración entre Concello e Estado garanten unha mellora substancial no día a día dos coruñeses”, dixo Rey. Ademais, abordaron tamén a relevancia dos fondos EDIL, un programa con financiación europa que permitirá á Coruña afrontar investimentos por máis de 14,5 millóns de euros dos que a UE achega, a través do Estado, 8,7 millóns, o 60% do total previsto.
A Coruña accedeu nos últimos anos aos programas europeos máis relevantes, como os Eidus, os Next Generation nas súas dúas fases e máis recentemente o programa Allocate, entre outros.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.