
Nos vindeiros días o mestre composteiro iniciará as visitas a centros educativos
O Concello de Santiago inicia o seu plan de compostaxe escolar nos próximos días. O mestre composteiro visitará os centros educativos para dar a coñecer este novo proxecto a través do cal se pretende involucrar ao alumnado no acto de reciclar e de dar unha segunda vida aos restos de orgánica xerados nos comedores.
Este plan está enfocado a todos os centros educativos do concello que conten con comedor. Ofrecerase a posibilidade de ter un composteiro a aqueles que conten cunha parcela ou horta no propio centro.
Así, o Concello afianza a súa aposta pola compostaxe como forma eficaz e eficiente de dar unha segunda vida aos restos de comida xerados en grandes comedores. Busca tamén concienciar ao alumnado da importancia que ten a súa participación nunha economía circular, pois son unha peza clave para facer de Compostela unha cidade máis sostible.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.