Friday 17 de October de 2025

O instituto Neira Vilas recibe a 18 alumnos da Bretaña


O IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas de Perillo está a acoller entre os días 9 e 17 de outubro a 18 alumnos/as e 2 profesoras do Lycée Saint François-Xavier de Vannes (Bretaña), no marco da viaxe de intercambio e inmersión lingüística que o instituto organiza todos os anos para o alumnado que estuda 1º de Bacharelato no programa Bachibac. O alumnado de Oleiros xa estivo en Vannes a comezos do mes de marzo pasado e agora o estudantado francés devolve a visita.

Nestes días van estar en inmersión coas familias dos seus correspondentes, asistirán a clases no instituto e ademais realizarán varias excursións e visitas por Galicia e a contorna de Oleiros e Coruña. O alcalde, Ángel García Seoane, e a concelleira de Ensino, María José Santos, recibíronos na Casa do Concello.

Deja un comentario