Friday 17 de October de 2025

Alternativa respalda a Fademga nas súas demandas na procura de maior financiación


A Xunta debe actualizar os importes das axudas para atender ás persoas con discapacidade intelectual 

 

As entidades que xestionan os servizos para o sector da discapacidade intelectual en Galicia, agrupadas na entidade Fademga, están a reclamar da Xunta a lexítima actualización dos importes dos servizos que prestan, xa que a actual achega autonómica non cobre os custos laborais que se necesitan para a atención.

 

Fademga incluso estuda o cesamento de actividades, o que tería unha repercusión catastrófica para as persoas usuarias dos servizos de atención e as súas familias. A viabilidade cos módulos que actualmente manexa a Xunta son insuficientes para prestar os servizos.

 

Alternativa apoia ás entidades de atención á discapacidade e insta á Xunta a sentarse a negociar para falar da viabilidade destes servizos públicos, que teñen que dotarse da solidez económica necesaria para garantir a atención ás persoas que a precisan.

Deja un comentario