
Pedro José Cancela González, ata agora oficial e xefe da Policía Local, tomou posesión este martes como inspector en prácticas. Por diante ten varias semanas de formación na Academia Galega de Seguridade Pública antes de incorporarse ao Concello de Carballo como funcionario de carreira no posto de inspector da Policía Local.
Pedro Cancela estivo acompañado no acto polo alcalde, Daniel Pérez; a concelleira de Persoal, Belén Lendoiro, e o concelleiro de Policía, Juan Seoane. O rexedor felicitouno polo ascenso e desexoulle unha longa e proveitosa carreira na Policía Local de Carballo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.