
Foi recollida polo tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
O tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, recolleu hoxe de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, a Bandeira Verde de Galicia coa que a Xunta premia aos municipios que destacan polo seu labor a prol da protección da paisaxe e do medio ambiente. O acto celebrouse no concello pontevedrés de Mos.
Neste ano son 33 os municipios da comunidade que obteñen este recoñecemento ao ser considerados como os máis dinámicos neste eido por desenvolver boas prácticas para o coidado da contorna, o respecto da paisaxe, a minoración das emisións de CO2 e a redución do consumo enerxético. A Laracha recíbeo por cuarto ano consecutivo.
Entra as accións levadas a cabo polo Concello e que posibilitaron a concesión deste distintivo cabe salientar a decidida aposta para mellora da eficiencia enerxética mediante a substitución de luminarias por outras LED e os proxectos de instalación de paneis fotovoltaicos para abastecer a edificios e instalacións municipais; o proxecto Alanat dirixido á conservación medioambiental de espazos naturais; a posta en valor do Castro de Montes Claros e da ribeira de San Fins; a xestión dos residuos e o fomento da compostaxe doméstica; a homologación da ruta polo río Bradoso; a creación do Plan de Mobilidade Sostible (PMUS); a humanización e mellora da accesibilidade nas rúas dos núcleos urbanos; e a creación de novas áreas deportivas.
A Bandeira Verde de Galicia avala, un ano máis, as políticas municipais nestes campos e é un aliciente para continuar realizando no futuro accións destas características.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.