O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, recibiu hoxe ao equipo de fútbol americano Towers Football, un club fundado en 2009 por un grupo de mozos da comarca da Coruña. Os deportistas, vixentes campións da VIII Liga Galega de Fútbol Flag, visitaron o concello para agradecer ao alcalde a colaboración prestada na tempada que consistiu na cesión do campo, anexo ao Dani Mallo, para adestrar tras quedar sen campo na Coruña. No equipo hai case unha decena de integrantes veciños de Cambre. A partir desta tempada o club, ata agora coruñés, será unha entidade deportiva de Cambre.