Tuesday 14 de October de 2025

A Coruña reafirma a súa aposta por un deporte e unha cultura inclusivos asinando convenios con 37 ntidades


As iniciativas contarán cunha achega total de 350.000 euros

O Concello da Coruña, a través da Fundación Emalcsa, firmou esta mañá os novos convenios de colaboración coas entidades seleccionadas na XII convocatoria de Deporte Solidario e Inclusivo e a na X convocatoria de Cultura Accesible e Inclusiva. Estes dous programas están impulsados en colaboración con Gadisa, no caso da convocatoria de deporte, e de Vegalsa-Eroski e a Fundación María José Jove, no de cultura.

O acto estivo presidido pola presidenta da Fundación Emalcsa e alcaldesa da Coruña, Inés Rey, que estivo acompañada por Nereida Canosa, vicepresidenta da Fundación e concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, por Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo, e Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes. Tamén participou no acto Bettina Kohlhaas, directora xerente da Fundación Emalcsa, así como representantes das entidades beneficiarias e dos patrocinadores de ambos programas.
“Deporte Solidario e Cultura Accesible son dous claros exemplos de como a colaboración entre administración, entidades sociais e empresas pode transformar a vida das persoa”, destacou Inés Rey durante a súa intervención. “A través destes programas reforzamos esa rede de cooperación que converte á nosa cidade nun referente en inclusión, igualdade e participación”, engadiu.

Rey subliñou tamén “o papel esencial de Gadisa, Vegalsa-Eroski e a Fundación María José Jove, que volven a acompañarnos para impulsar proxectos que fan da Coruña una cidade máis accesible e comprometida coa súa xente”.

Décima convocatoria de Cultura Accesible e Inclusiva

O programa Cultura Accesible e Inclusiva, que chega este ano á súa décima convocatoria, consolidouse como unha das principais ferramentas municipais para fomentar a participación cultural das persoas con diversidade funcional e risco de exclusión social.

Desde a súa creación, o programa permitiu apoiar máis de 130 proxectos impulsados por entidades e colectivos cultuais da cidade, con case 61.000 persoas beneficiarias e un investimento acumulado que ronda millón de euros.

As iniciativas subvencionadas con 100.000 euros nesta edición abranguen disciplinas como a música, o teatro, a danza, as artes plásticas ou o audiovisual, sempre cun enfoque inclusivo que fomenta o acceso universal á cultura e o diálogo entre artistas, colectivos e cidadanía.
Nesta décima edición de “Cultura Accesible e Inclusiva”, as 13 entidades seleccionadas e os seus proxectos son:
● Asociación Poten100mos, con “Club Cultura Urbana: As raíces do Boom Bap”.
● Asociación Cultural Coruñesa Negus, con “DJ Inclusivo”.
● Asociación Cultural para a Integración Social Diversos, con “O terceiro sorriso”.
● Asociación Cultural AÏS, con “ A proxección sonora V: Aqua Matrix”.
● Asociación Cultural Viraventos, con “Territorio Corpo: arte e coidado desde a experiencia migrante”.
● Asociación Cultural Tres por Cuatro, con “ MIP: músicas inclusivas e participativas”.
● Asociación Cultural Albatros, con “Miradas Diversas: taller inclusivo de creación audiovisual”.
● Asociación Amigos do Museo de Belas Artes, con “Un museo en movemento”.
● ESE8, con “XPRESA: IX taller cinematográfico de inclusión social”.
● Asociación Por Qué no Ayudar, con “Programa XQN para familias, accesible e inclusivo”.
● Asociación Noite Bohemia, con “Proxecto ALBA: Arte, Liberdade, Benestar e Aprendizaxe”.
● Asociación Xuvenil Atlántica, con “Cultura Atlántica 2025”.
● Sociedade Filatélica da Coruña, con “Dez de Dez”.

Deporte Solidario e Inclusivo

O programa “Deporte Solidario e Inclusivo” mantén o seu compromiso coa promoción de valores como a igualdade, a cooperación e a integración social a través da práctica deportiva.
Desde a súa primeira edición, o programa apoiou preto de 300 proxectos, cun investimento acumulado que supera os 3 millóns de euros e máis de 220.000 persoas beneficiarias, consolidándose como un referente no ámbito da inclusión a través do deporte.

As accións impulsadas cunha achega de 250.000 euros permiten que clubs, asociacións e entidades deportivas da cidade poidan desenvolver actividades accesibles e participativas, dirixidas tanto a nenos e nenas como a persoas adultas con diferentes capacidades.

Na súa XII convocatoria, o programa “Deporte Solidario e Inclusivo”, financia as seguintes 24 entidades e aos seus proxectos sociais:
● Real Sociedad Deportiva de La Coruña, con “Deporte base inclusivo e solidario na RSD Hípica A Coruña”.
● Club Escuela de Tenis Marineda, con “Todos ao tenis e ao pádel”.
● Club Zalaeta 100Tolos, con “Integratlón: 100Tolos pola integración social”.
● Sporting Club Casino Casino, con “Deporte para Todos: proxecto de inclusión no Sporting Club Casino”.
● AMI Montañismo, con “CEO: Camiña, Escala, Oriéntate”.
● Club Halterofilia Coruña, con “A halterofilia como medio de inclusión e intervención social para a integración e igualdade de xénero”.
● Victoria CF, con “Programa Facendo +”.
● Club de Pelota La Coruña, con “Deporte solidario e inclusivo: actividade de pelota”.
● Club Natación Coruña, con “Actividades acuáticas como medio de inclusión social”.
● Club de Rugby Arquitectura Técnica, con “Rugby para todos”.
● Club Viaxes Amarelle FS, con “Amarelle Social”.
● Club Esgrima Atlántico, con “Esgrima sen fronteiras II”.
● Club Orillamar SD, con “ O Abeiro Orillamar Solidario”.
● Club Torre Sociedad Deportiva, con “XI Proxecto solidario de deporte adaptado e inclusivo”.
● Eirís SD, con “Fútbol social pola igualdade”.
● Club Esgrima Coruña, con “Esgrima inclúe e adapta”.
● Athletic Coruña Hóckey Club, con “Fomento do hóckey inclusivo, feminino en competicións e torneos e da práctica deportiva base do hóckey”.
● Club Hércules XTRM, con “Hércules TEA: autismo e deporte, adestra a inclusión social”.
● Club Salesianos Coruña, con “M&M: Margarita e Magone”.
● Sociedad de Montaña Ártabros, con “MAC: Montañismo adaptado para a comunidade”.
● Club Triatlón Coruña, con “Multideporte Inclusivo: natación, ciclismo e atletismo”.
● 5 Coruña Fútbol Sala, con “5 Coruña Suma”.
● Real Club Náutico Coruña, con “Escola de vela adaptada e inclusión social”.
● Club Maristas, con “Máis alá do baloncesto”.

Un compromiso estable coa cidade e coas persoas

Con cerca de catro millóns de euros investidos desde a súa posta en marcha, os programas de Deporte Solidario e Inclusivo e Cultura Accesible e Inclusiva son hoxe un referente de colaboración público-privada e un instrumento esencial para a cohesión social na Coruña.

As entidades beneficiarias colaboran, á súa vez, co tecido asociativo e coas organizacións do terceiro sector da cidade, o que amplía o alcance destas convocatorias e converte o programa nun proxecto de cidade inclusivo, solidario e modélico. En total, ao longo das distintas edicións, establecéronse máis de 1.300 colaboracións con entidades sociais da Coruña a través dos programas Deporte Solidario e Inclusivo e Cultura Accesible e Inclusiva.

Con iniciativas como estas, o Goberno de Inés Rey reafirma o seu compromiso cunha cidade máis igualitaria, participativa e accesible, apoiando o traballo de centos de entidades que, día a día, contribúen a facer da cultura e do deporte ferramentas de transformación social.

Deja un comentario