Tuesday 14 de October de 2025

O Concello convoca un curso de monitor de actividades de tempo libre


• O prazo de inscricións estará aberto desde mañá, 15 de outubro, ata o 15 de novembro.

 

• A formación contará cun máximo de 25 prazas e impartirase entre novembro e febreiro en modalidade semipresencial.

O Concello de Miño organiza un curso de monitor de actividades de tempo libre dirixido a persoas maiores de idade en posesión do título de ESO, graduado escolar ou equivalentes. O título, oficial e emitido pola Xunta, busca formar persoas capaces de realizar actividades de lecer, recreativas e socioculturais, tanto no tempo libre urbano como na natureza.

A formación impartirase entre o 29 de novembro e o 28 de febreiro de 2026, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas, de modo semipresencial. Haberá 180 horas de formación teórica na aula de formación da Casa do Pescador con saídas prácticas por espazos da localidade e a comarca. Completarán o plan de estudos 20 horas teóricas a distancia e 150 horas de prácticas.

As persoas interesadas en anotarse poderán facelo desde mañá, 15 de outubro, ata o próximo 15 de novembro, a través da Escola de Tempo Libre ‘Quercus’ ou do Concello de Miño. Haberá un máximo de 25 prazas e para poder levar a cabo a formación será necesario un mínimo de 16 inscricións. O prezo basee será de 280 euros con descontos para persoas empadroadas en Miño, familia numerosa, desemprego ou carné novo.

Deja un comentario