Tuesday 14 de October de 2025

O Concello de Lousame inicia este venres en Fruíme unha serie de reunións periódicas coa veciñanza das súas sete parroquias


O Concello de Lousame inicia este venres en Fruíme o programa “Lousame, parroquia a parroquia”, unha serie de reunións periódicas cos veciños e veciñas das sete parroquias do municipio. O alcalde, Esteban Ares García, explica que “trátase dunha nova iniciativa coa que queremos achegarnos aínda máis á veciñanza, escoitar as súas propostas e explicarlles tamén os proxectos presentes e futuros para cada parroquia”.

A parroquia de Fruíme será a primeira en acoller este encontro, que terá lugar este venres 17 de outubro, ás 20:00 horas, no local social da Escabia. A entrada é totalmente libre e de balde, non sendo precisa inscrición previa. As datas e puntos de encontro das seguintes seis reunións serán dados a coñecer nos próximos días.

Deja un comentario