Tuesday 14 de October de 2025

Abegondo felicita ao judoka Martín Barbeito, que con 16 anos logrou o bronce no Campionato Absoluto


O judoka Martín Barbeito, veciño de Abegondo, logrou a medalla de bronce no Campionato Absoluto de Judo Xunta de Galicia que tivo lugar o pasado sábado 11 de outubro en Fene. O mozo competiu na modalidade de menos de 60 kg de peso.
O mérito é enorme posto que se trataba da competición ao máximo nivel, con adultos, en categoría absoluta, cando Martín ten 16 anos e por idade corresponderialle a categoría júnior.
O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, felicita a Martín polo seu importantísimo resultado, grazas ao seu esforzo e paixón polo deporte. O mozo, da parroquia de Montouto, está a dar “grandes pasos adiante” na súa carreira, xa subindo ao podio absoluto cos seus 16 anos.
Este importante resultado súmase aos dous quintos postos que acaba de acadar en setembro a nivel estatal, nese caso en categoría júnior. As probas foron a Copa de España, celebrada en Ourense o día 13, e a Supercopa de España, en Gran Canaria, o día 20.

Deja un comentario