Un total de 25 veciños e veciñas de Frades participaron na primeira edición do Curso de Poda e Enxertos, organizado polo Concello de Frades. O alcalde de Frades, Roberto Rey, foi o encargado de entregarlles os correspondentes diplomas de participación logo de ter superado as 30 horas lectivas do curso.
Un curso que tivo lugar todos os sábados dos meses de febreiro e marzo, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Tras dúas sesións teóricas no multiúsos de Frades, o alumnado trasladouse a unha leira municipal para poñer en práctica as técnicas de poda aprendidas, tanto de especies froiteiras como ornamentais e forestais, así como os distintos métodos de propagación/multiplicación de prantas (semente, enxerto, estaquillado, acodo, etc).