
O ciclo “Outono en Escena”, organizado polo Concello de Muxía coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña, continúa esta fin de semana cunha das compañías máis consolidadas do teatro galego: Malasombra Producións.
O sábado 18 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón do Voluntariado, representarase a comedia GO ON!, unha divertida e irreverente aventura interpretada por Josue García e Xoque Carbajal, con texto de Jose Luis Prieto e dirección de Marcos Orsi.
A obra, de 65 minutos de duración, está recomendada para maiores de 14 anos e promete unha sesión de humor intelixente e chea de referencias á cultura galega. As entradas teñen un prezo simbólico de 1 €, e a taquilla abrirá ás 19:00 h.
Sinopse
Logo da chegada do home á lúa, á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. No ano 2010, dous intrépidos exploradores aventúranse polas terras galegas seguindo o Camiño de Santiago, vivindo situacións tan disparatadas como un ataque dun can de palleiro, unha entrevista a un porco no corredor da morte ou un encontro coa Santa Compaña.
GO ON! é unha odisea cómica no espazo galego, unha mestura entre novela de aventuras, guía turística e manual de supervivencia cheo de retranca e humor.
Datos prácticos:
• Espectáculo: GO ON! Nota de Prensa
• Compañía: Malasombra Producións (www.malasombra.gal)
• Xénero: Comedia
• Clasificación: Adultos (recomendada a partir de 14 anos)
• Duración: 65 minutos
• Día: Sábado, 18 de outubro
• Hora: 20:00 h
• Lugar: Salón do Voluntariado, Muxía
• Entrada: 1 € (taquilla aberta dende as 19:00 h)
• Contacto de prensa: Xoque Carbajal – 696 46 29 29
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.