Monday 13 de October de 2025

Cluergal entrega os premios Energy Days 2025 ás mellores actuacións realizadas no sector enerxético en Galicia


Distinguiuse a Embermind Technologies (A Coruña), o proxecto RISS (GRI, Tecfilter y DALP) así como Naturgy Renovables e Fundación Naturgy, Abanca e Francisco Silva, delegado de Iberdrola en Galicia

O Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) entregou os premios Energy Days 2025 ás mellores actuacións realizadas no sector enerxético en Galicia. Unhas distincións concedidas ás actuacións realizadas polas empresas GRI, DALP, Tecfilter, Embermind Technologies, Naturgy Renovables e Fundación Naturgy e Abanca, así como ao profesional Francisco Silva, delegado de Iberdrola en Galicia.

Os premios foron entregados polo director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila; e polo xerente e o secretario de Cluergal, Oriol Sarmiento e Nonito Aneiros, durante a Noite Enerxética, celebrada en Santiago e na que participaron un cento de persoas. Uns galardóns que “recoñecen e distinguen as boas actuacións realizadas no sector enerxético galego en materia de eficiencia enerxética, innovación, emprendemento e enerxías renovables”, explica Sarmiento Díez.

Embermind Technologies, mellor proxecto emprendedor

Así, o premio ao mellor proxecto mellor proxecto emprendedor foi para a empresa coruñesa Embermind Technologies, un laboratorio de Intelixencia Artificial que investiga, desenvolve e aplica solucións hiperpersonalizadas para as empresas máis avanzadas. “O seu primeiro produto Firelink, é unha plataforma chave en man de IA que aglutina máis de 80 modelos e tecnoloxías propias que converte o caso tecnolóxico en solucións produtivas, privadas e gobernables. Aínda que é unha empresa nova, xa contan con clientes de referencia ao longo do panorama nacional e sen ningunha dúbida, un futuro máis que prometedor”, detalla o xurado.

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, foi a encargada de entregar o premio, que foi recollido por Ergin Kamberov, César Abilleira e Raquel Maquieira, socios de Embermind Technologies. A enxeñería industrial pontevedresa Raquel Maquieira destacou que “este prestixioso recoñecemento non é só un premio, senón un poderoso impulso para a nosa misión, motívanos a continuar mellorando e a dedicar todos os nosos esforzos ao desenvolvemento de novos produtos de Intelixencia Artificial que teñan un impacto positivo e significativa na vida das persoas”.

Proxecto RISS, premio innovación

O Premio Innovación recaeu no proxecto RISS, un novo roteiro de fabricación de superestruturas eólicas intelixente, segura e sostible, en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e pacto verde. O proxecto conta cun orzamento de máis de 2 millóns de euros, que está subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea dentro do Programa de Fábrica Intelixente e Sostible de GAIN.

O xurado destacou que “se trata dun roteiro controlado e monitorizado por unha plataforma IoT que aglutina os datos de proceso permitindo toma de decisións en tempo real, onde o expertise de DALP foi clave no desenvolvemento. Doutra banda, TECFILTER centrouse no desenvolvemento dunha nova solución de aspiración de flux e recollida automática de slag o que sen dúbida mellorará o proceso de soldadura que é clave en grandes superestruturas. Menciónanse tamén as solucións desenvolvidas por GRI asociadas a seguridade industrial baseadas en visión artificial para a detección de situacións de risco na fábrica que monitorizan o transporte de chapas así como a súa descarga”.

O galardón foi entregado por Javier Cebey, xestor de Financiamento Sostible en ABANCA, e recolleito por Fernando Puente (plan manager de GRI Towers Galicia), Jorge Carracedo (project management en Tecfilter) e Bertín Fernández (enxeñeiro industrial en DALP Enxeñería e Automatización SL).

Premio eficiencia enerxética

Por outra banda, Cluergal recoñeceu a ABANCA polo seu compromiso coa eficiencia enerxética, reflectido no proxecto de cambio integral de iluminación a tecnoloxía LED nas súas oficinas a nivel nacional, un plan estratéxico que se desenvolverá ata o ano 2026. O Premio Eficiencia Enerxética “pon en valor o compromiso de ABANCA coa redución da súa pegada ambiental, destacando que a entidade se ha marcado obxectivos de sustentabilidade moi ambiciosos e cuantificables”, explica Oriol Sarmiento.

O premio foi recollido por Pablo Gurriarán, coordinador de Instalacións e Eficiencia Enerxética en ABANCA, e Fátima García Cebreiro, especialista de ABANCA Energy; de mans de Julio Arca, CEO de Genesal Energy. Desde ABANCA destacan que o proxecto premiado, “piar fundamental dentro do Plan Estratéxico de Eficiencia Enerxética 2025-2027 de ABANCA, permitiunos reducir o consumo eléctrico e, ademais, ofrecer un maior confort visual tanto para os profesionais da nosa rede como para os nosos clientes, axudando a crear espazos máis agradables, funcionais e sostibles. Esta medida non só moderniza a nosa infraestrutura, senón que tamén xera un aforro enerxético estimado de 0.5 MWh ao ano”.

Premio difusión no sector enerxético

María Landeira Suárez, directora de Desenvolvemento de Renovables de Naturgy en Galicia, recolleu de mans de Miguel San Juan, project manager Norte de Ledvance, o premio á mellor difusión no sector enerxético. O Premio recoñece a Naturgy e á súa Fundación polo seu compromiso coa formación, a empregabilidade e a promoción das enerxías renovables en Galicia. Naturgy, a través da súa Fundación, impulsa programas que capacitan a profesionais e a persoas en situación de vulnerabilidade en áreas crave da transición enerxética, creando novas oportunidades laborais nun sector en crecemento. Ademais, promove as vocacións STEAM entre as nenas con iniciativas como Efigy Girls, e achega a realidade do sector aos futuros profesionais mediante a colaboración co #Máster en Enerxías Renovables e o programa Innovatech.

“Este recoñecemento quere poñer en valor o seu esforzo constante na divulgación e comunicación das vantaxes das enerxías renovables, así como no desenvolvemento do seu plan de relacionamiento social. Co seu labor, Naturgy contribúe a sensibilizar á sociedade galega sobre a importancia de avanzar cara a un modelo enerxético máis sostible, xerando coñecemento, conciencia e compromiso coa transición enerxética”, destacou María Landeira.

Premio de comunicación enerxética

Finalmente, o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, entregou o premio comunicador Francisco Silva, delegado de Iberdrola en Galicia, en recoñecemento á súa destacada traxectoria como comunicador no sector enerxético. doutor enxeñeiro de Minas pola Universidade Politécnica de Madrid e Master of Science polo MIT (Massachusetts Institute of Technology), Silva foi profesor na Universidade da Coruña, na Universidade de Loyola (Nova Orleáns) e na Universidade Politécnica de Madrid.

Tras unha dilatada carreira profesional de case 30 anos, desempeñando postos de director xeral e conselleiro en empresas dos sectores enerxético, ambiental, portuario, derivados forestais e químico, na actualidade é delegado de Iberdrola en Galicia. “Tanto no seu labor docente como profesional realizou sempre unha importantísima labor de comunicación en defensa da transición ecolóxica e as enerxías renovables, como relatora nun importante número de xornadas e eventos, a través de artigos en revistas especializadas e o seu apoio a diferentes eventos e organización sectoriais. Este recoñecemento destaca o seu labor por potenciar o papel tractor de Galicia na transición enerxética, promovendo o desenvolvemento vinculado a todo tipo de proxectos de enerxías renovables: eólica terrestre e mariña, hidráulica, fotovoltaica, hidróxeno verde, bomba de calor e mobilidade eléctrica”, destacou o xurado de Cluergal.

Deja un comentario