Monday 13 de October de 2025

Os CEIPs da Laracha e as EEI de Arteixo colaboran na XIV Limpeza Colectiva de Praias proposta por Adega. Coodina o CEIP de Caión


O vindeiro venres 17 de outubro colaboraremos na limpeza organizada pola ADEGA simultaneamente en varios puntos de Galicia.

Está programada para o domingo 19, pero nos centros educativos farémola o venres.
Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto no que continuamos neste curso: “Voz Natura”.

Ante o gran problema que está a supoñer a contaminación dos nosos mares polo vertido indiscriminado de lixo e plásticos, parécenos de vital importancia inculcar no noso alumnado actitudes de respecto e coidado do medio ambiente, e coidamos que non hai mellor maneira de facelo que atallando o problema dende o máis próximo, o que ven cada día.

Por esta razón recibimos a invitación por parte da ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) de colaborar nesta XIV Edición da limpeza de simultánea de praias . As previsións meteorolóxicas son boas, polo que agardamos non ter que adiar a data.

Nesta edición volveremos a contar coa colaboración e implicación do alumnado de outros centros do Concello. Así asistirán as crianzas de 5º e 6º do CEIP Alfredo Brañas, de Paiosaco e os de 6º curso do CEIP Ramón Otero Pedrayo, da Laracha. Este ano anímanse a colaboaran con nós tamén as Escolas de Educación Infantil de Arteixo: a EEI de Rorís e a EEI de Larín.

O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente. Recomendamos a todo o alumnado que veña con luvas (a pesar de que o Concello aportará algúns de latex para quen non teña). Deste xeito xeraremos menos lixo e poderedes reutilizalos na casa para outras actividades. Asemade cómpre traer calzado e roupa adecuada a situación climatolóxica.

Podedes colaborar con nós acudindo á praza ás 10:15 horas, dende onde comezaremos a distribución do voluntariado.

Deja un comentario