
• O prazo de inscricións abre mañá, 14 de outubro, e terán preferencia as persoas maiores de 55 anos que estean empadroadas en Miño.
O Concello de Miño organiza unha excursión á localidade asturiana de Taramundi o próximo 23 de outubro. A saída está programada para as 08:30 horas desde a rúa do Mercado, e o prezo do transporte en autobús será de 8 euros.
Unha vez en Taramundi, as persoas participantes poderán gozar dunha visita guiada a unha quesería artesanal, degustar unha comida típica asturiana no restaurante Casa Petronila (por un prezo de 20 euros) e dispoñer de tempo libre para visitar a localidade. A chegada de regreso a Miño está prevista ao redor das 21:00 horas.
O prazo de inscrición permanecerá aberto desde mañá, 14 de outubro, ata o luns 20. As persoas interesadas poderán inscribirse na Oficina de Turismo de Miño, podendo cada persoa anotar a un máximo de catro participantes.
Terán preferencia as persoas maiores de 55 anos empadroadas en Miño.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.