
O Concello de Muxía vén de incorporar nova maquinaria destinada á mellora dos servizos básicos municipais, especialmente nas áreas de limpeza viaria e mantemento de espazos públicos.
O equipamento, composto por seis desbrozadoras, dúas motoserras, unha formigoneira eléctrica de 300 litros e unha desbrozadora con
rodas, foi adquirido grazas a unha axuda concedida pola Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental (Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes), financiada ao 100 % pola Xunta de Galicia, e permitirá dotar ao persoal municipal de ferramentas máis eficientes e sustentables para o desenvolvemento das súas tarefas diarias.
O concelleiro de Servizos, Mantemento e Limpeza, José Luis Santiago, quixo agradecer á Xunta de Galicia o apoio prestado, destacando “a importancia deste tipo de axudas, que nos permiten mellorar os servizos municipais e dotar ao persoal de medios axeitados para facer o seu traballo nas mellores condicións posibles”.
Santiago subliñou ademais que “aínda que poidan parecer pequenos investimentos, este tipo de maquinaria é indispensable para o día a día do Concello e para ofrecer un servizo de maior calidade á veciñanza”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.