Monday 13 de October de 2025

Marta Abal denuncia o abandono do río Sar ao seu paso pola Ponte do Sar


A concelleira socialista alerta do mal estado do río e reclama actuacións urxentes por parte do Goberno de Sanmartín, ao que acusa de desatender o mantemento da contorna malia existir un plan aprobado polo Pleno municipal.

A concelleira socialista Marta Abal criticou este domingo o “estado lamentable” no que se atopa o tramo do río Sar ao seu paso pola Ponte do Sar, en Santiago de Compostela. A edil do Grupo Municipal Socialista advertiu da presenza de maleza que medra sen control e unha evidente falta de mantemento que, ao seu xuízo, amosan “o abandono do Goberno local”.
“Este tramo do río, ao seu paso pola Ponte do Sar, está nun estado lamentable. A maleza medra sen control e a falta de mantemento son evidentes”, afirmou Abal, quen lembrou que o seu grupo xa propuxera “hai meses un plan anual de mantemento de infraestruturas, espazos e elementos urbanos para evitar situacións coma esta”.

A concelleira asegurou que o deterioro da zona ofrece unha imaxe degradada do río, e lamentou que “mentres o Goberno local segue sen actuar, a veciñanza é quen sofre as consecuencias”.
“Basta de escusas. Queremos limpeza, coidado e respecto polo noso entorno urbano”, concluíu Abal, que reclamou actuacións inmediatas por parte do executivo de Sanmartín.

Desde o Grupo Municipal Socialista lembran que o plan anual de mantemento foi aprobado polo Pleno municipal a proposta do grupo socialista, e critican que o Goberno de Sanmartín non o estea a executar nin estea a dar resposta ás necesidades máis urxentes da cidade.

Deja un comentario