Arrancarán esta semana pero a matrícula segue aberta
A Concellería de Servizos Sociais, no marco do programa de Dinamización e Promoción Social dos Nosos Maiores, vai a poñer en marcha esta semana cinco talleres de bailes de salón con tres cursos de country e baile en liña, e dous de bailes latinos e de salón, que se celebrarán en Palmeira, Aguiño e Riveira durante os meses de abril e maio deste ano.
Deste xeito, con estes cinco talleres engrósase o programa de actividades dirixidas aos nosos maiores do presente curto 2015/2016, que inclúe tamén clases de ximnasia, obradoiros de inglés e de pintura e arte, talleres de estimulación cognitiva e de enriquecemento educativo, e cursos de galego.
Un cento de participantes
Xa hai máis dun cento de persoas inscritas á nova acción pero a matrícula segue aberta. Os talleres son gratuítos e en canto aos locais e horarios de celebración:
COUNTRY E BAILE EN LIÑA (INDIVIDUAL):
RIVEIRA. SALA DE DANZA DO CONSERVATORIO MUNICIPAL:
CURSO DíA HORARIO
INICIACION PARA MAIORES VENRES DE 18.30H A 19.30H
AGUIÑO. CONSERVATORIO DE AGUIÑO:
CURSO DIA HORARIO
INICIACIÓN PARA MAIORES MÉRCORES DE 19.00H A 20.00H
PALMEIRA. CENTRO MULTIUSOS ALCALDE TORRES COLOMER:
CURSO DIA HORARIO
INICIACIÓN PARA MAIORES VENRES DE 17.00H A 18.00H
BAILES LATINOS E DE SALÓN (PARELLAS):
RIVEIRA. SALA DE DANZA DO CONSERVATORIO MUNICIPAL:
CURSO DIA HORARIO
INICIACIÓN PARA MAIORES VENRES DE 19.30H A 20.30H
AGUIÑO. CONSERVATORIO DE AGUIÑO:
CURSO DIA HORARIO
INICIACIÓN PARA MAIORES MÉRCORES DE 20.00H A 21.00H
Nos cursos de country e baile en liña se ofrecerán coreografías para principiantes de country, cha-cha-chá, bachata e merengue. Nos bailes latinos e de salón, orientados a parellas, poderase practicar vals, pasodobre, cha-cha-chá, cumbia e bachata, entre outros bailes. Estarán impartidos por Francisco Muñiz do taller Alecrín.