Monday 13 de October de 2025

Unha nova obra na Canceira Municipal axiliza as posibilidades de conseguir un núcleo zoolóxico


Trátase da instalación dunha nova fosa séptica para facer fronte ó número de animais que alí se albergan. A concelleira de Benestar Animal, Antía Alberte lembrou que “levabamos tempo querendo poñelo en marcha, pois é imprescindible en criterios de benestar animal. A nova lei esixe outras condicións técnicas e isto era indispensable para ter o núcleo zoolóxico”. A concelleira indicou que “conseguindo esta clasificación o concello poderá acceder a novas subvencións que lle facilitará facer melloras na instalación e na concellería en xeral”.

Deja un comentario