
Logo dunha xuntanza coa directiva de Urbaser para abordar as problemáticas coa fracción marrón, deciden mudar o modelo de apertura de tarxeta a chave convencional, pois a anterior dificultaba a pureza da mestura. “O sistema de pechadura con tarxeta tiña unhas pezas feitas dun material ao parecer atractivo, pois forzaban ata abrir o contedor e extraer parte do mecanismo”, así indica a concelleira Tania Redondo. Coa chegada das chaves, as persoas interesadas poderán achegarse a facerse con cadansúa como fixeron no seu día cas tarxetas.
A concelleira de medio ambiente anunciou con orgullo que Ribeira conseguirá 100 composteiros máis en vista ao éxito acadado en remesas previas. Son máis de 300 composteiros os que teñen xa moitos veciños e veciñas da contorna e habilitaranse estes co mesmo métodos inscrición, tendo en conta as persoas xa inscritas que quedaron excluídas da anterior convocatoria por falta de composteiros.
“Este goberno asegurou un cambio de modelo de separación de residuos, pensando nun futuro sostible e en consonancia cos modelos europeos. Así o estamos a facer”, apuntou Antía Alberte.
“A chegada do punto limpo móbil esta mesma semana axudará tamén a impulsar as políticas mencionadas” sinalou Alberte.
As concelleiras tamén informaron dunha campaña concienciativa para ámbolos métodos de separación, xunto coa colocación de tapóns no fondo dos contedores marróns, evitando así lixiviados que acentúan os cheiros.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.