Monday 13 de October de 2025

Ribeira agasalla paraugas “Contra a violencia machista, non xires a vista”.


No día de hoxe a concelleira de Comercio, Genoveva Betanzos xunto coa concelleira de Igualdade, Cruz Rivadulla presentaron esta campaña de dinamización.

Esta iniciativa está promovida pola Concellería de Comercio do Concello de Ribeira e ten como obxectivo dinamizar e impulsar as compras no comercio de proximidade e á vez concienciar sobre a violencia machista. Betanzos avogou pola importancia de mercar e apoiar ao comercio local “precisamente nestes meses de outono é cando temos que apoiar máis ao noso comercio para intentar xerar unhas dinámicas que fagan de ponte cara as compras do Nadal”
“Dende a Concellería de Comercio, gratuitamente poñemos a dispor das veciñas e veciños interesados 1.000 unidades de paraugas (mercados no comercio local de Ribeira) que se entregarán de balde (un máximo 2 unidades por persoa) ata esgotar existencias.

Poderanse recoller a partir do luns 20 de outubro en horario de 10:00 a 14:00 h no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira 2º andar (en fronte á biblioteca).

Deja un comentario