
Os interesados poden presentar os seus poemas ata o 16 de outubro, os premios das categorías senior e junior entregaranse o 23 deste mes
En 2025 a temática está dedicada ao edificio do Banco Pastor, na Coruña, que no momento da súa construción foi o edificio máis alto de España
A Real Orde de Cabaleiros de María Pita ten aberto ata o próximo 16 de outubro o prazo de presentación de traballos para os XXXIII Xogos Florais María Pita, que nesta edición ten como lema ‘Cando Coruña tocou o ceo’, en relación ao edificio do Banco Pastor, considerado o máis alto de España no momento da construción, e que agora cumpre un século en pé.
Os interesados poderán presentar as súas composicións poéticas ao redor de dita construción, o desenvolvemento da cidade e o espírito liberal da Coruña. Estes premios, os de maior contía económica nesta categoría, realízanse coa colaboración do Concello da Coruña e entregaranse o próximo 23 de outubro nun acto aberto á cidadanía no Teatro Colón ás 20.00 horas.
Neste espazo darase a coñecer os nomes dos traballos gañadores e entregarase a tizona de ouro e unha flor nas categorías Senior e Xuvenil, que ademais recibirán 2000 e 1000 euros respectivamente. Todas as persoas que participan no concurso deberán estar presentes no devandito acto de entrega.
Bases da convocatoria
Trátase dunha convocatoria aberta a toda a cidadanía, con excepción dos gañadores de 2024. Poderán presentar ata un máximo de dous traballos orixinais e inéditos en galego ou castelán e que non se publicaron nin presentado en ningún outro espazo.
Cada un dos poemas que se presenta debe ter un mínimo de 32 versos e un máximo de 200, nun formato A4, por unha cara, dobre espazo e Arial 14 puntos.
A presentación de traballos farase por triplicado: orixinal e dúas copias, sen firma, baixo lema e título e cun sobre pechado que no interior conterá o mesmo, lema, título, nome e apelidos do autor, copia do DNI ou pasaporte, dirección, teléfono/s, email e conta corrente co IBAN. No exterior do sobre débese mencionar se vai destinado á categoría Senior ou Junior.
Xogos Florais
A Real Orde de Cabaleiros de María Pita recuperou estes Xogos Florais en 1992, recuperando a tradición iniciada na cidade en 1861, cando se realizou a primeira edición no chamado Teatro Principal, agora Rosalía de Castro. Desde fai máis de tres décadas a institución coruñesa dedicada cada edición a un personaxe ou localización destacada da cidade herculina.
Na anterior edición, dedicada a Urbana Lugrís, Xabier Lama foi o gañador no categoría senior e Ulises Guillermo Rio na junior.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.