
Celebrarase o vindeiro xoves 16 baixo o título ‘Clementina e os Planetas’
A astrofísica Sara Cazzoli ofrecerá o vindeiro xoves 16 de outubro ás 19.30 horas a charla divulgativa titulada ‘Clementina e os Planetas’. “Desde o Goberno de Inés Rey continuamos complementando a programación dos Museos Científicos con eventos de gran valor divulgativo como este”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
Nesta charla, Sara Cazzoli, investigadora do Instituto de Astrofísica de Andalucía-CSIC, falará sobre os resultados da misión Rosetta e sobre a prospectiva de futuras misións como a Solar Orbiter, así como do “zoo” de exoplanetas que se coñecen e dos resultados máis recentes nesa liña de investigación.
Sara Cazzoli é doutora en Astrofísica pola Universidad Autónoma de Madrid. Actualmente é investigadora no IAA-CSIC. A súa liña de investigación é a evolución das galaxias cun enfoque especial nas galaxias activas a través da análise de cubos de datos obtidos coa técnica de espectroscopia de campo integral.
Participa activamente na Unión Astronómica Internacional (grupo de traballo equidade e inclusión), a Sociedade Española de Astronomía (SEA) e na Asociación de Mujeres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT).
Dedícase á divulgación científica e á promoción do papel das mulleres na ciencia desde 2016. O abanico das súas actividades inclúe a participación en proxectos audiovisuais (ex. a webserie Camiño a congreso), produción de monólogos científicos (semi-finalista de Famelab 2021), realización de charlas e talleres, e a elaboración de artigos en periódicos/revistas (El País, Revista de cultura científica e boletín da SEA). Ten experiencia en técnicas de técnicas teatrais aplicadas á ciencia (dramaturxia, actuación e improvisación). A súa curtametraxe «Movimiento, teatro, SgrA* y acción» obtivo o primeiro premio do CSIC de Divulgación.
O seu último gran proxecto de divulgación foi a coordinación de Espazo 3, un laboratorio de Ciencia, Teatro e Improvisación, con financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.