Sunday 12 de October de 2025

Muxía aposta pola educación a través do mar con máis de 200 escolares participantes no programa“ Aprende a través do Surfing”


O proxecto, proposto por Surf And Clean e a Federación Galega de Surf desenvolvido coa escola de surf local “Surf Costa da Morte”,foi posible grazas á colaboración entre o Concello de Muxía e os centros educativos do municipio.

O Concello de Muxía presentou hoxe o balance do programa “Aprende a través do Surfing”,un programa de carácter nacional apoiado tamén pola Deputación de A Coruña e a Xogade que foi proposto á concellería de deportes e cultura pola  asociación Surf And Clean e que poido ser desenvolvida en Muxía gracias ao apoio d oConcello de Muxía e a colaboración dos centros educativos do municipio.

O proxecto tivo como obxectivo empregar o surf como ferramenta educativa, transmitindo valores como o respecto polo mar, a convivencia e a sustentabilidade. As actividades incluíron sesións formativas nos colexios e prácticas na praia, dirixidas pola escola de surf local “Surf Costa da Morte”,que foi quen impartiu o programa.

En total, máis de 200 nenos e nenas dos catro centros educativos de Muxía participaron na experiencia. O Concello financiou parte da actividade, mentres que os centros educativos colaboraron asumindo o transporte do alumnado, o que fixo posible a plena participación.

Na rolda de prensa participaron David Blanco de Rojas, presidente de Surf And Clean; Suso Lema e Rubén Prieto, de Surf Costa da Morte e Sandra Vilela, concelleira de Deportes e Cultura.

“Esta é unha mostra de que cando administracións, entidades e centros educativos colaboran, o resultado é unha educación máis viva, participativa e conectada co noso entorno”, destacou Sandra Vilela que se mostraba esperanzada coa idea de que este ano sexa só o primeiro de moitos” subliñando “a importancia de continuar apoiando proxectosq ue une deporte, educación e respecto polo mar, fortalecendo a identidade mariñeira de Muxía e a conciencia ambiental da nosam ocidade”.

O Concello destacou tamén a importancia de que o proxecto se desenvolvese ao inicio do curso escolar, e non como unha actividade estival. Deste xeito, o surf intégrase no ámbito educativo, favorecendo a aprendizaxe en valores e ocontacto responsable co medio natural.

Esta planificación permite ademais desestacionalizar o uso das praias e reforza a idea de que o mar pode ser un espazo educativo e deconvivencia durante todo o ano.

“O feito de realizar a actividade dentro do calendario escolar axuda a que o alumnado viva o surf non como unha actividade de verán, senón como unha experiencia formativa ligada á aula e á súa educación integral”,explicou Sandra Vilela. “Esta é precisamente a filosofía que compartimos con Surf And Clean: entender o surf non sóc omo deporte, senón como ferramenta educativa, social e ambiental”.

A Escola Local Surf Costa da Morte manifesta a súa satisfacción pola excelente acollida recibida nos centros escolares muxiáns por parte do alumnado. O equipo destaca o interese amosado polos estudantes durante as sesións e o seu entusiasmo por aprender sobre cuestións cotiás relacionadas co mar, un elemento presente n asúa vida diaria.

Aínda que moitos dos rapaces e rapazas están acostumados a ver oocéano a diario, moitos deles descoñecían aspectos fundamentais do seu funcionamento. Grazas ás actividades desenvolvidas pola escola, puideron achegarse dun xeito práctico e divertido ao coñecemento do medio mariño e da importancia de respectar e coidar o entorno natural que os rodea.

Deja un comentario