
O vindeiro sábado 25 de outubro terá lugar unha nova ruta do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza: Ruta pola costa do Vicedo na Mariña lucense.
O vindeiro sábado 25 de outubro terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros.
Nesta ruta visitaranse puntos de interese como a ZEPA Costa da Mariña Occidental, a ría do Barqueiro e ría de Viveiro, praias de Vidreiro, Area Grande e Xilloi, praia de Caolín e Fábrica de Salga, vistas sobre a Illa Coelleira, igrexa de Santo Estevo do Vicedo, Portos do Vicedo e San Cibrao e vila de Viveiro para rematar cunha visita cultural ao Museo provincial do Mar (san Cibrao-Cervo).
Esta saída contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23 euros, e preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do luns 13 de outubro ás 10.00 horas.
No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre todas as solicitudes de persoas empadroadas rexistradas entre o luns 13 de outubro ás 10.00 horas e o martes 14 ás 14.00 horas, na sede electrónica, no catálogo de trámites, ámbito de cultura. INSCRICIÓN
No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.
Para obter máis información sobre esta ruta e o conxunto do programa é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.