Iago Alonso, do Ría de Vigo, gañador dunha esixente proba ciclista que percorreu 67 km. polas estradas de Touro e na que empregou dúas horas para completala
Arredor do 100 ciclistas que participaron no ‘I Trofeo de Ciclismo Concello de Touro Camiño do Holandés’ conseguiron poñer en valor e dar lustre á xa tradicional ‘Ruta do Holandés’, unha vía alternativa do Camiño Francés cada vez máis frecuentada e utilizada tradicionalmente por cicloturistas procedentes de Holanda e de países do Centro de Europa. O gañador da proba foi Iago Alonso, do Club Ría de Vigo, que chegou á meta diante de David Vidal, do Clube Código Atlántico. O terceiro posto foi para José Ignacio Méndez, do Cycling Astur.
Pese ao día desapacible con frío e chuvia, os ciclistas non se desanimaron. Saíron da meta arredor de 100 ciclistas para competir nunha proba para categorías Máster 30, 40, 50 e 60 é puntuable para a Challenge CCAGC O Pino-Touro-A Estrada (Club Ciclista Asociación Galega de Ciclistas), que, ademáis da carreira de Touro, consta doutras dúas probas: a do Pino, xa celebrada, e a da Estrada, que se celebará o 24 de abril.
A carreira foi dura, según coincidiron os participantes e tamén os organizadores. “O tempo frío e con chuvia fixo que os corredores tiveran que dar o máximo”, apuntou Juan Bello, presidente do Club Ciclista Asociación Galega de Ciclistas, quen destacou o percorrido polas estradas de Touro como un dos máis “fermosos e esixentes”. “Foi unha carreira espectacular, con todos os ingrediente para dotala de emoción e sigularidade”, apuntou Juan Bello.
O Concello de Touro quere, con esta proba celebrada hoxe, facer visible e poñer en valor unha das rutas máis concurridas polos cicloturistas que percorren o Camiño Francés no seu último tramo, xa casi chegando a Santiago de Compostela. Por qué escollen os peregrinos en bicicleta esta ruta que pasa por Touro? A explicación é sinxela: Non está saturada de peregrinos, o tráfico por estas estradas non é tan intenso como na vía central do Camiño Francés e ademáis, as paisaxes e a natureza deste tramo son fermosísimas e os servizos que se ofertan aos peregrinos son óptimos e de calidade, apuntan dende o Concello de Touro.
E o I Trofeo de Ciclismo Concello de Touro Camiño de Holandés serviu para darlle protagonismo á ruta que cada ano máis peregrinos en bicicleta elixen.
A proba comenzou pasadas ás 10.30 horas. O gañador chegou á meta situada en Fonte Díaz, diante do Concello, despois de dúas horas da saída. O circuito tiña 67,40 quilómetros ao longo das estradas do Concello. Unha boa parte do circuito percorreu a AC-240, pola que discurre a ‘Ruta do Holandés’, e tamén percorreu estradas pola beira do Ulla. Os organizadores catalogaron esta proba como “unha clásica de inverno”, tanto pola paisaxe coma pola orografía. Non foi posible encontrar máis de 1,5 quilómetros sen subidas ou baixadas.
O gañador, Iago Alonso, chegou acompañado de David Vidal, que ocupou o segundo lugar na proba. Os dous ciclistas marcaron o mesmo tempo: 02.00.03. A pouco máis dun minuto chegou un pequeno pelotón liderado por José Ignacio Méndez, que ocupou o terceiro lugar absoluto na proba, cun tempo de 02.01.10.
Ao final da carreira, o alcalde de Touro, Ignacio Codesido, fixo entrega dos trofeos aos gañadores nas diferentes categorías. O corredor David Vidal sitúase como líder na Challenge CCAGC O Pino-Touro-A Estrada.