
A delegada da Xunta coñeceu o camión grúa que se incorpora ao parque móbil municipal para actuar con maior eficacia na protección do entorno natural do municipio
A delegada da Xunta, Belén do Campo, participou na recepción dun camión grúa adquirido grazas a unha achega da Xunta de 130.000 euros, aprobada ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental non competitivo destinado a apoiar os concellos na mellora do medio natural, que tamén inclúe a adquisición dunha minicargadora de oruga de goma, que tiveron un coste total de máis de 177.000 euros.
A representante do Goberno autonómico subliñou que “dispor de maquinaria moderna e adaptada é esencial para que os concellos poidan actuar con eficacia na protección do entorno natural”.
A delegada explicou que tanto a como o camión grúa como a minicargadora de orugas, que se adquirirá en breve, permitirán acometer traballos de limpeza, retirada de árbores e restos vexetais, mantemento de camiños, pistas forestais e zonas verdes, así como actuacións preventivas fronte a incendios forestais.
Segundo indicou, esta dotación forma parte do compromiso da Xunta de Galicia de apoiar aos concellos e ás brigadas municipais, especialmente aos de menor tamaño, para que dispoñan dos recursos materiais necesarios que lles permitan actuar con axilidade ante calquera incidencia e contribuír á conservación do medio ambiente.
A compra destes vehículos ademais de outorgar unha maior manobrabilidade á hora de levar a cabo os traballos, debido aos diversos complementos que teñen, permitirán unha redución do impacto ambiental nos traballos de conservación.
O camión grúa dada a capacidade do seu volquete facilita o traslado de elementos pesados para a reforestación, e permite transportar materiais sen necesidade de múltiples viaxes, reducindo as emisións de CO2 e a alteración de hábitats sensibles.
A minicargadora de oruga ten menor compatación do solo en comparación con outras equipas pesadas, o que protexe a vexetación. Ademais, é ideal para abrir sendeiros ecolóxicos sen danar a flora circundante, restaurar terreos degradados ou realizar movementos de terra controlados para evitar erosión. Dados os seus complementos, como unha desbrozadora, cazo cargador, portaforcadas e cucharón barredor é posible a eliminación de vexetación seca e matorrais en zona de risco, reducindo a posibilidade de incendios forestais e favorecendo a rexeneración natural. Tamén se contribúe ao mantemento de hábitats e prevención de pragas que afectan á biodiversidade
Cooperación
Belén do Campo destacou a importancia da cooperación entre administracións e puxo en valor o traballo das entidades locais, “que son as que mellor coñecen o territorio e as súas necesidades, e que desempeñan un papel clave na preservación do patrimonio natural”.
Finalmente, a delegada lembrou que este tipo de investimentos se enmarcan nas liñas de apoio que o Goberno galego impulsa para mellorar a capacidade operativa dos servizos municipais e garantir unha xestión máis sostible e eficiente do territorio.
FCA 2025
Belén do Campo destacou que o Fondo de Compensación Ambiental nas súas dúas liñas, competitiva e non competiviva conta, para este ano, cun orzamento de 11,2 millóns de euros. A delegada lembrou que esta orde foi creada para distribuír o canon eólico en beneficio da conservación e restauración da contorna, así como do reequilibrio territorial. A través destas axudas, sinalou, contribúese a acadar unha redución das emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera e, ao mesmo tempo, un descenso na factura de enerxía dos concellos.
Polo tanto, os proxectos financiados supoñen -engadiu- “un efecto exemplarizante para concienciar á veciñanza da importancia de apostar pola eficiencia enerxética e pola sustentabilidade”. Nesta liña, puxo en valor o papel do FCA na recuperación sostible dos concellos galegos a través das súas liñas a non competitiva, dirixida aos concellos nos que haxa parques eólicos ou afectados pola conexión ou vía de evacuación e a competitiva destinada a todos os municipios e a mancomunidades ou consorcios locais de Galicia que presenten os seus proxectos.
Administración Local
Na visita Belén do Campo destacou que este concello tamén recibe, neste ano 2025, outra axuda da Dirección Xeral de Administración Local de máis de 43.750 euros para investimentos de medio ambiente para os concellos de Vimianzo e Dumbría da orde do Fondo de Compensación Ambiental Competitivo. Ademais, ten aprobada outra axuda de 60.000 euros do Fondo de Compensación Local Adicional para concellos de menos de 15.000 habitantes, para a mellora da eficiencia enerxética do polideportivo de Baíñas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.