Sunday 12 de October de 2025

Comparecencia Tania


Boas tardes a todas e a todos, gracias por vir a esta comparecencia. Penso que despois de 10 dias desde a presentación da moción de censura chegou o momento de contarvos a miña verdade sobre o acontecido.

Despois de sair elexida democráticamente nas pasadas eleccións municipais, ofreceuseme a posibilidade desta coalición, na cal crefn pensando que realmente chegaba o momento do cambio, ese cambioque prometemos durante toda a nosa campaña electoral. Na cal, dende o meu partido, PBBI, insistimos en que nunca pactariamos co goberno do PP que estaba en aquel momento no poder.

Cando me incorporei a este traballo pensei que viña a colaborar por unha causa xusta: dedicarme a facer de Ribeira un sitio mellor para todos.
Sin embargo, ao chegar ao goberno, nos encontramos con moitos problemas, o principal, unhas contas desastrosas e practicamente vacías que incluso rozaban a ilegalidade e impedíannos traballar como nos gustaría. A pesar de todo isto seguimos loitando polo ben de Ribeira,
Durante este tempo de goberno e de traballo penso que queda claro que eu non son de fotos, son de despacho, de traballar para conseguir melloras para a xente, ainda que ao meu pesar non sempre foi posible

Tamen é certo que non sempre o fixemos ben, somos de ideoloxías totalmente diferentes, pero apuntando todos hacia un mesmo obxectivo.
Non hai que negar que houbo momentos dificiles, tensións internas e discrepancias, como en calquer equipo de traballo, pero que, dialogando intentamos solucionar e traballar xuntos polo ben do noso concello.
Desgraciadamente, esto non puido ser así. A dia de hoxe, este tripartito rompeu, o pasado 29 de setembro presentouse unha moción de censura, a cal é fruto de meses de negociacións e reunions ás miñas espaldas, donde se xogaba o futuro de Ribeira sen transparencia nin lealtade por parte de tres compañeiros do meu partido.

Tras esto, chegou o que eu chamo o “Efecto Sorpresa”, alguns aparecen colocándose medallas de heroes, eses mismos que foron os que nos puxeron as pedras no camiño presentanse hoxe como salvadores dos problemas que eles mismos crearon.

Agora, preséntanse cun pacto cunha señora que me faltou ao respeto publicamente con insultos hacia a miña persoa, outra persoa de dito partido a cal me acusou poñendo en duda a miña saude en un momento moi duro a nivel persoal do cal considero que non teño que dar explicacións, pois en canto estuven recuperada, volvin ao meu traballo ao día seguinte.

Un pacto con xente que fai da política unha loita persoal, facéndome sufrir non solo a min, senon a toda a xente que me rodea, xuzgando o traballo da miña familia e poñéndoo en duda constantemente con ataques directos.

Considero que esta non é a maneira de traballar, por eso non podo aceptar compartir goberno con estas persoas, por principio, e por respeto á miña familia e sobre todo por respeto a min mesma. Nunca entrei no seu xogo de ataques persoais e non penso facelo agora. Nunca traballei así e non o farei no futuro. Por ese motivo, hoxe, diante de todos vos, sigo mantendo a miña palabra e aqui presento a miña renuncia como concelleira do partido PBBI e pasando ao grupo non adscrito.

Deja un comentario