Sunday 12 de October de 2025

O Ministerio de Defensa notifica ao Concello a transmisión de titularidade da concesión administrativa da Fábrica de Armas da Coruña


Desta forma, avanza a folla de ruta acordada coa Universidade da Coruña ao abeiro dun marco de colaboración plurianual concibido para impulsar o desenvolvemento da Cidade das TIC, en Pedralonga

O Concello da Coruña recibiu hoxe do Ministerio de Defensa a notificación da transmisión de titularidade da concesión administrativa da Fábrica de Armas, unha medida fundamental para avanzar no proxecto da Cidade das TIC.

A alcaldesa, Inés Rey, o delegado de Defensa en Galicia, o capitán de navío Jesús Ángel Paz Pena, e o teniente coronel de Artillería Miguel Ángel Corcoba Valle, da Subdelegación de Defensa na Coruña, rubricaron hoxe o acordo en María Pita, co obxectivo de que o Concello asuma a concesión demanial dos terreos, que ata agora ostentaba a Universidade da Coruña (UDC).

Rey lembrou que a transmisión da concesión demanial forma parte do marco de colaboración plurianual establecido entre o Concello e a UDC a mediados deste ano, con vistas ao desenvolvemento industrial e tecnolóxico da Cidade das TIC nas superficies existentes en Pedralonga.

Neste sentido, ambas as institucións acordaron impulsar ante o Ministerio de Defensa a transmisión da concesión dos terreos ao Concello, paso previo a que o Executivo local ceda á UDC tres inmobles que, de cara á súa rehabilitación, tamén contarán co apoio económico do Goberno de Inés Rey, en diferentes anualidades.

Deja un comentario