
· O auditorio da Biblioteca acollerá mañá, venres 9 de outubro, ás 20.00 horas a presentación da obra.
O auditorio da Biblioteca da Pobra do Caramiñal acollerá mañá, venres 9 de outubro, ás 20.00 horas a presentación do libro Constelaciones en la piel. A obra leva a firma da pobrense Sara Dieste, que se presenta como unha nova voz na poesía contemporánea española que promete conmover e deixar pegada ao lector. Á cita asistirá a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e a propia autora.
A concelleira de Cultura anima á cidadanía a sumarse á actividade para descubrir o traballo de Sara Dieste e para “apoiar o enorme talento local que temos no municipio”.
Constelaciones en la piel é unha recompilación de poemas na que predomina a dor dunha vida cargada de decepcións e tamén de innumerables anécdotas. Na obra, os versos entrelázanse cunha sinxeleza que axuda a que o lector se vexa identificado nas palabras de Dieste. Ao longo das páxinas, a poetisa aborda, ademais, temas universais como o amor, o autocoñecemento e a dor emocional.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.