Friday 10 de October de 2025

Finalizada a pavimentación do camiño que vai de Liñares e Galanos por Riocobo


O Concello de Neda vén de rematar as obras de pavimentación no camiño que une os lugares de Liñares, Riocobo e Galanos, en Anca. Trátase dunha mellora, enmarcada no Plan Camiña rural 2025 – 2026 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), que contribúe a optimizar a seguridade viaria nesta pista de acceso a vivendas e máis a parcelas agrícolas.

A administración local investiu un total de 58.000 euros na posta a punto desta vía pública, de algo máis de un quilómetro de lonxitude, cuxo firme se atopaba deteriorado polo uso e máis polo paso do tempo.

Os traballos desenvolvidos neste camiño, que conclúe nas inmediacións da igrexa dos Remedios, incluíron as tarefas de bacheado, a limpeza de cunetas, o aglomerado en quente da vía e, finalmente, os labores de sinalización horizontal.

As obras realizadas axudan a facilitar o tránsito pola zona, e a reforzar a seguridade tanto dos condutores como dos peóns que fan uso do camiño.

Deja un comentario