Friday 10 de October de 2025

Axudas ao pago da vivenda habitual e os gastos enerxéticos


Está o prazo aberto ata o vindeiro 31 de outubro para para solicitar as axudas destinadas ao apoio para o pago dos gastos de consumo enerxético e da vivenda habitual.

As axudas contemplan ata un máximo de 900 euros para cubrir tres mensualidades de alugueiro ou préstamo hipotecario, así como ata 400 euros para sufragar catro facturas de cosumo enerxético.

Aquelas persoas interesadas teñen que presentar un formulario que permite solicitar ambas axudas. A través do seguinte enlace https://sede.bergondo.gal/sxc/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudeAyudasPagoViviendaHabitualyFacturas2025
Pódese acceder tanto o formulario de solicitude como toda a información sobre o procedemento.

Para todas as persoas interesadas en ampliar a información tamén poden facelo contactando cos
servizos sociais do Concello de Bergondo no teléfono 981 791 252 (extensión 4) ou a través do correo electrónico servizos.sociais@bergondo.gal.

Reseñar que esta iniciativa está financiada a través do Plan Social da Deputación da Coruña, cunha dotación total de ata 40.000 euros.

Deja un comentario