O vicepresidente, Alfonso Rueda, mantivo unha reunión co presidente da entidade
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, vén de presentar o borrador do Anteproxecto de Lei de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia ao presidente da Asociación Galega de Empresas Musicais, Xosé Manuel Blanco.
Durante unha reunión mantida o pasado xoves, na que tamén participou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor; e o director xeral de Administración Local, Alberto Pazos, o vicepresidente detallou os contidos desta normativa que impulsa o Goberno autonómico.
A Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia será a primeira norma autonómica con rango legal que establece unha regulación xenérica, actualizada e de carácter global desta materia. Cobre así o baleiro normativo autonómico existente na actualidade, co obxecto de alcanzar un marco normativo adecuado á realidade da sociedade actual, que garanta a protección e a conciliación dos distintos dereitos e intereses que comprenden os espectáculos públicos e as actividades recreativas.