Friday 10 de October de 2025

Ribeira estrea un novo camión cun punto limpo móbil para a reciclaxe nas parroquias


No día de hoxe a concelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo xunto a concelleira de Medio Ambiente, Antía Alberte, se desprazaron ao Malecón ribeirense para facer o recepcionamento dun novo camión guindastre cun módulo de punto limpo móbil.

O punto limpo móbil está composto dun módulo de recollida separada de residuos e dun vehículo para o seu transporte. O módulo consiste nunha caixa debidamente rotulada e compartimentada no seu interior para albergar diferentes contedores co que recoller de forma separada dez tipos de residuos.

O vehículo é un camión eléctrico con guindastre e caixa aberta e basculante.

A concelleira de Servizos Municipais remarcou o compromiso adquirido do Goberno con tódalas parroquias do municipio, ”trátase dun punto limpo móbil que percorrerá todas as parroquias do municipio onde permanecerá por un tempo determinado para que os veciños poidan reciclar os aparellos que se acumulan no fogar”.

Pola súa banda a concelleira de Medio Ambiente valorou positivamente esta nova adquisición que supón “unha nova aposta en Ribeira para impulsar a reciclaxe e a separación pensando na sustentabilidade de cara ao futuro”, Alberte informou que este punto limpo móbil era moi demandado “o que demostra a implicación da veciñanza de Ribeira pola reciclaxe; o comprobamos no seu momento coa incorporación do contedor marrón ou nos composteiros individuais para as hortas”.

Este punto móbil facilitará ás persoas das parroquias de Ribeira facer o proceso de separación “dunha forma máis cómoda”. O camión aparte desta función primordial de reciclaxe, “poderá asistir á brigada de obras en traballos puntuais ou no departamento de servizos municipais para o propio desenrolo de diferentes traballos.

Antía avanzou que o contedor estará 15 días ou unha semana “dependendo da demanda dos veciños/as”. Se poderá reciclar: tintas, aerosois, pequenos electrodomésticos, materiais electrónicos de informática e telefonía, monitores e pantallas, xoguetes e outros plásticos duros que non sexan envases, lámpadas e fluorescentes, envases contaminados, aceites de cociña usados, pequena chatarra, cargadores, pilas, baterías e téxtiles.

Este proxecto foi adxudicado a Grúas y Autoventas Betanzos, S.L. por un custo total de 108.000 euros e financiado con fondos NextGeneration da Unión Europea.

Deja un comentario