
A corporación e o persoal municipal do Concello de Ponteceso renderon homenaxe a Josefa Varela Arán.
Despois de moitos anos formando parte do servizo de limpeza municipal, Fina, como todos e todas a coñecen, xubílase.
O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, deulle as grazas polo seu “traballo e profesionalidade ao longo deste tempo”.
Fina prestou servizo no CEIP As Forcadas e noutras instalacións municipais, conseguindo gañarse o agarimo de todos e todas.
Como despedida, levouse a cabo unha comida á que asistiron os seus compañeiros e compañeiras de traballo e amizades.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.