Friday 10 de October de 2025

Aprende soldadura ou montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios nas novas accións formativas que che ofrecemos no Fórum Carballo


O Fórum Carballo acollerá nos próximos meses dúas novas accións formativas pertencentes ao Plan Formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia (persoas traballadoras desempregadas), nas que poderás formarte en dous sectores con moita demanda laboral: soldadura mig/mag e montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios. Toma nota:

SOLDADURA POR ARCO BAIXO GAS PROTECTOR CON ELECTRODO CONSUMIBLE, SOLDEO “MIG/MAG” (código curso: FMEC0119_2. Nivel II):
Data prevista de inicio: 01/12/2025
Data prevista finalización: 13/05/2026
Horario: Luns a venres de 15.30 a 20.30 h no Fórum Carballo
Horas de formación: 568, incluídas as prácticas profesionais non laborais en empresas
Requisitos de acceso:
• ESO ou equivalente
• Certificado de profesionalidade de nivel II
• Certificado de profesional de nivel I da mesma familia profesional
• Competencias clave de nivel II
• Ter superado un curso de formación específico preparatorio para o acceso a ciclos de grado medio
• Superar unha proba de acceso a ciclos formativos de grado medio
• Título de Formación Profesional Básica
• Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos

OPERACIÓNS AUXILIARES DE MONTAXE DE INSTALACIÓNS ELECTROTÉCNICAS E DE TELECOMUNICACIÓNS EN EDIFICIOS (código curso: ELES0208. Nivel I):
Data prevista inicio: 01/12/2025
Data prevista finalización: 14/04/2025
Horario: Luns a venres de 9.00 a 14.00 h no Fórum Carballo
Horas de formación: 458, incluídas as prácticas profesionais non laborais en empresas.
Requisitos de acceso: ningún
Solicitudes: na OFICINA VIRTUAL do Servizo Público de Emprego de Galicia (https://diplos.xunta.gal) ou acudindo na oficina de emprego

Deja un comentario