
David Nieto Seoane, Javier María Vidal Paredes, Héctor Juan Picado Outeiral, Adrián Casas Pernas, Aarón Pedroso Fernández e Juan Pazos Gonçalvez asinaron hoxe os seus contratos como funcionarios de carreira despois de completar a súa formación na Academia Galega de Seguridade. No mes de xaneiro asinaran como axentes en prácticas, tras superar o proceso selectivo correspondente, e no verán realizaron as súas prácticas xa en Carballo.
No acto de hoxe estiveron presentes a alcaldesa en funcións, Belén Lendoiro; o concelleiro de Policía, Juan Seoane; o xefe da Policía Local, Pedro Cancela, e varios compañeiros e compañeiras dos novos axentes.
Coas últimas incorporacións, o cadro de persoal da Policía Local de Carballo pasa a estar integrado por un total de 33 profesionais.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.