
O éxito e boa acollida de “Educa en Valores” fai que a iniciativa do grupo de Alternativa se manteña durante o presente curso escolar.
A traves dunha moción levada a pleno o pasado ano, Alternativa conseguiu o apoio unánime para que o Concello puxera en marcha este programa nos centros educativos curso 2024-2025.
Para este curso o goberno municipal confiou que non só se manterá a súa continuidade, senón que se van a introducir melloras para reforzar e potenciar a súa aplicación.
“Educa en Valores” responde a cuestións que non figuran explicitamente no curriculo escolar, pero resultan fundamentais para o desenvolvemento persoal e social do alumando. Tal como pode ser a mellora da convicencia, a resolución de conflictos de maneira pacífica, a escoita, a empatía, a xestión emocional, o traballo en equipo, a toma de decisións de maneira individual e conxunta, etc.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.