
A alcaldía do Concello de Cambre remitiu un comunicado no que explica os motivos que levaron a “suspender” a comunicación cos representantes sindicais.
Alternativa critica duramente a decisión do goberno local, lembrando que o primeiro é poñerse na pel do persoal, que está a pedir o que lle corresponde.
Dende o grupo destacan que o cadro de persoal municipal leva 20 anos agardando unha actualización das súas condicións laborais, e que dende o 2022 non perciben as axudas sociais, dous anos se teñen realizado os recoñecementos médicos, entre outras carencias. A esta situación engádese – a desmoralización total e crispación crecente derivada da pésima xestión nos últimos 10 anos por parte do goberno de Unión por Cambre.-
A alcaldesa, Diana Piñeiro, relata no comunicado os pasos dados dende a súa chegada ao goberno, as diferentes reunións mantidas e o estado actual da negociación. Indicou que as axudas sociais do 2022 están asinadas por providencia e as correspondentes a 2023 e 2024 se incorporarán nas próximas comisións.
A pesar dos acordos tomados o pasado 30 de setembro, os representantes sindicais organizaron unha nova mobilización.
Raúl Varela, voceiro de Alternativa, fai un chamamento “ á responsabilidade e a conciliación entre ambas partes, confiando en que o diálogo e o respecto permitan retomar canto antes as negociacións e avanzar cara acordos que melloren as condicións laborais do persoal muncicipal e por tanto garantir un mellor funcionamento do concello“.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.