Friday 10 de October de 2025

Tolóptica, o sábado 11 de outubro no auditorio de Mera


A programación teatral de outono do Concello de Oleiros continúa coa obra TOLÓPTICA, da compañía Código Azul, o vindeiro sábado 11 ás 20:30 horas no García Márquez (Mera).

A comedia de Ismael G. Gandal, dixida por Xosé Leis, presentarase no García Márquez o sábado 11 de outubro ás 20:30 horas.

Leo e Brais, dous empresarios da óptica Tolóptica, asisten á 24ª convención de Tolóptica, na cal van entregar os premios ao mellor vendedor de primeira clase da empresa, entre outros.

Leo é un axente distribuidor nato, puntual, pulcro e meticuloso pero ao mesmo tempo moi egocéntrico, mentres que Brais é máis despreocupado, tranquilo e sinxelo, un home que transborda unha actitude risoña e empática alá por onde pasa. Leo chega con moita antelación ao evento e toma medidas do escenario para facerse unha idea de como se vai levar a cabo a gala. Brais, atraído pola curiosidade das accións de Leo, decide acompañalo durante o evento.

O obra está dirixida a público adulto (+ 12 anos) e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Deja un comentario