Saturday 16 de November de 2024

Case o 95% do alumnado de cuarto de infantil de Galicia obtivo praza no centro educativo escollido como primeira opción para o vindeiro curso


Este ano recibíronse en toda Galicia un total de 18.108 solicitudes para ese curso, 1.484 menos ca no anterior
O 94,79% do alumnado que solicitou praza en 4º de educación infantil – 3 anos- nos centros educativos sostidos con fondos públicos nas 4 provincias galegas para o vindeiro ano académico 2016/2017 obtívoa no colexio escollido como primeira opción. Este ano recibíronse en toda Galicia un total de 18.108 solicitudes para ese curso, 1.484 menos ca no anterior; polo que resulta suficiente a ampla oferta de prazas deste curso de infantil que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición das familias galegas, un total de 28.775. Dentro do mencionado colectivo de alumnado de 3 anos, tan só un 5,21 % non acadou unha praza no centro de primeira escolla. Para esta pequena porcentaxe, as prazas serán asignadas pola comisión de escolarización de cada zona, atendendo aos seguintes centros da súa preferencia.

Sete cidades
No referido ás principais cidades os datos, que se reflicten no seguinte cadro, son moi similares aos da media das 4 provincias galegas.

Concello Curso 15/16

Solicitudes recibidas Curso 15/16

Escolarizados en 1ª opción
A Coruña 1877 1705 90,84%
Santiago 895 841 93,97%
Ferrol 414 403 97,34%
Lugo 824 790 95,87%
Ourense 877 816 93,04%
Pontevedra 788 731 92,77%
Vigo 2271 2201 96,92%

Cómpre sinalar, ademais, que a caída da natalidade nos últimos anos en Galicia está a redundar nunha menor entrada de rapaces no sistema educativo cada ano. Non en balde, desde 2008 –ano ata o que os nacementos se foron incrementando- o número de nados vai diminuíndo: desde os 23.175 dese 2008 ata os 19.727 do 2013 (datos do Instituto Galego de Estatística).