
A Agrupación de Protección Civil de Ribeira vén de incorporar unha nova motocicleta tipo scooter aos seus medios materiais, un vehículo que permitirá reforzar a capacidade de resposta do voluntariado en situacións de emerxencia e en dispositivos preventivos.
Dende a Deputación da Coruña subliñouse o compromiso da institución provincial co fortalecemento das agrupacións de Protección Civil, dotándoas de medios e formación para mellorar a súa resposta ante emerxencias.
O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, agradeceu á Deputación da Coruña “a súa colaboración continua co Concello de Ribeira e o apoio que supón a cesión desta nova motocicleta para Protección Civil”. O rexedor destacou “o enorme traballo que realizan cada día as persoas voluntarias de Protección Civil nos eventos que se celebran no municipio e os membros do Grupo de Atención e Emerxencias Municipais (GAEM), que son unha peza fundamental para garantir a seguridade e o benestar da cidadanía”.
Pérez Barral salientou ademais que, “nestes dous anos, ampliamos en dous membros o cadro de persoal e os medios destinados á seguridade foi unha prioridade para o goberno local, porque entendemos que unha cidade máis segura e contar cun equipo de persoas que é capaz de facerlle fronte a calquera eventualidade”.
Esta acción enmárcase na aposta da Deputación da Coruña pola dotación de recursos materiais e formativos para o voluntariado de Protección Civil. Ao longo de 2025, a institución provincial destinou preto de 200.000 euros a investimentos e actividades das agrupacións da provincia.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.