Friday 10 de October de 2025

Hafid Rizqy e Ester Navarrete, gañadores na categoría absoluta nunha C10 que reuniu a máis de 3.500 participantes


Trátase da cifra máis alta de participación desde o ano 2018 na clásica proba do percorrido urbano coruñés

A carreira popular C10 remato onte con cifras de participación de récord e coa victoria de Hafid Rizqy e Ester Navarrete na categoría absoluta. Foron máis de 3.500 as persoas inscritas nas diferentes categorías, das cales máis de 3.000 correron na absoluta. É a mellor cifra desta proba desde o ano 2018.

Na categoría masculina, acompañaron a Hafid Rizqy no podio David de la Fuente e Iván Puentes, que completaron a proba cun gran nivel competitivo. Pola súa banda, na categoría feminina, a galega Ester Navarrete estivo acompañada pola atleta portuguesa Solange Jesús e por Lidia Campo, que asinaron tamén unha destacada actuación nesta edición da Coruña10.
“A carreira volveu ser un éxito refrendado coas cifras de participación, que evidencian que o impulso que se lle está a dar desde o Goberno de Inés Rey a estas probas está a dar os seus froitos”, indicou Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes.

As primeiras persoas clasificadas na carreira Coruña10 obtiveron premios económicos en función da categoría e a súa procedencia. Repartíronse 9.700 euros para os mellores corredores e corredoras.

Percorrido

O percorrido desta edición foi similar ao dos últimos anos, partindo da Marina e atravesando os Cantóns e Linares Rivas. As persoas participantes correron pola avenida do Exército, dando volta na glorieta que conecta coa rolda de Outeiro para acceder á zona portuaria, continuando en dirección a Oza e regresando para acceder aos terreos portuarios. Tras un percorrido polo interior dos peiraos, regresouse ao punto de partida, completando un percorrido de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo.

Lebres

A proba contou coa participación de seis lebres que marcaron cinco ritmos de carreira diferenciados para as persoas que tomaron parte na C10, contribuíndo a na carrera de hoxe se acadaran importantes marcas. Borja Costa, Lucas Prada, Lara Solsona, Cristina Alayón, Daniel Blanco e Gabriel Pizarro, atletas que correron a C10 fóra de competición, foron as seis libres que tiraron dos corredores e corredoras.

Deja un comentario