
· A proba terá lugar o 11 de outubro.
· O prazo para anotarse finaliza o 9 de outubro e a inscrición debe formalizarse a través de www.carreirasgalegas.com.
O vindeiro sábado, 11 de outubro, celebrarase o V Urban Trail Polígono de Bergondo, unha proba solidaria organizado pola Comunidade de Propietarios do Polígono de Bergondo e o Concello de Bergondo, en colaboración co Club Atlético Bergondo, na que todo o recadado irá parar á Asociación de Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña (AFACO).
Na presentación da proba participou a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez; a concelleira de Desenvolvemento Económico, Pilar Barja; e a xerente da Comunidade de Propietarios do Polígono de Bergondo, María Jesús García Souto.
Terá lugar de 17:30 a 19:30 horas. A carreira absoluta terá unha distancia de 6 quilómetros, a sub-14 e sub-16 será de 1.000 metros, a sub-10 de 500 metros e a de Prebenjamin e Pitufos de 100 metros. Ademais, tamén levará a cabo unha andaina de 6 quilómetros.
As probas disputaranse no Polígono de Bergondo, con saída e chegada en cálea Parroquia de Rois, á altura da parcela F11.
As inscricións estarán abertas ata o 9 de outubro a pódenas formalizarse na web www.carreirasgalegas.com. Para máis información, a través do correo administracion@poligonobergondo.com e o teléfono 981 795 422.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.