
Na mañá de hoxe, o concelleiro de Turismo, Francisco Suárez-Puerta, o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones xunto ás técnicas de turismo do Concello; deron a coñecer as novas instalacións remodeladas do Centro de Interpretación Arqueolóxica de San Roque.
O edificio tiña patoloxías construtivas como filtracións na cuberta e humidades na fachada, que afectan especialmente á sala de exposición temporal, que presentaba humidade e roturas en paredes e falso teito.
O obxectivo dende a concellería de Turismo foi traballar na recuperación e posta en valor dunha infraestrutura de referencia no ámbito da arqueoloxía como é o Parque de San Roque. O obxectivo desta posta en valor foi promover o coñecemento da Prehistoria entre o público xeral.
Para elo mellorouse os contidos didácticos -para facilitar a comprensión da realidade arqueolóxica do municipio- proporcionando unha
experiencia interactiva e enriquecedora na que se fomentará o coñecemento da Prehistoria e tamén se promova a conservación e sostibilidade dos recursos arqueolóxicos.
Suárez-Puerta falou do magnífico traballo feito neste renovado centro de interpretación, “un centro onde se tivo en conta a accesibilidade
universal, incorporouse nova sinalética con braille, elimináronse humidades, cambiáronse as cubertas, se implantaron contidos dixitais bilingües -coa capacidade de poderse actualizar- co fin de que os nenos e nenas aprenderán os recursos do noso municipio, xogando”.
Destaca na entrada un mapa en releve de todo o concello adaptado para persoas con discapacidade visual coa posibilidade de descargar unha audio-guía para dotar de máis información ao visitante e así facer unha experiencia máis imersiva, tamén chama a atención unha gran sala para exposicións itinerantes cun espazo de estudo e comprensión sobre noso territorio con diferentes publicacións tanto turísticas coma históricas.
Colomer informou que o centro estará aberto de luns a venres de 10.30 ás 14:00 horas pola mañá e de 17:00 a 19:00 horas pola tarde. Invitou a tódolos veciños a gozar do parque e das novas instalacións así como da nova iluminación para tamén visitalo pola noite. O concelleiro rematou apuntando “que dentro das enquisas realizadas á poboación,“unha das máis demandas foi a do Parque Periurbano”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.