Friday 03 de October de 2025

Chega a VI Andaina Solidaria a favor de Agaprem


Hoxe presentouse a sexta edición de esta andaina solidaria a favor da Asociación Agaprem (Asociación Galega de Familias de Nenos Prematuros) organizada pola Asociación de Amas de Casa de Ribeira na que colabora o Concello de Ribeira máis un gran número de patrocinadores locais.

Á convocatoria asistiron, o concelleiro de Sanidade Juan Luis Furones, Sofía Cores da directiva de AGAPREM, e o técnico de Deportes do Concello, Fran Romay.

Cores informou que a saída e chegada da andaina será este ano dende a praza do Concello o vindeiro domingo 12 de outubro a partir das 10.30 horas, as inscricións poderanse facer por “What´s up” ao número 653 33 31 24, ao correo amasdecasaderiveira@gmail.com ou in situ cun prezo libre ou á vontade -o mesmo día da propia andaina-. Cores agradeceu ao Concello de Ribeira pola colaboración igual que aos patrocinadores que un ano máis decidiron apoiar esta andaina.

Sofía desvelou que o percorrido de este ano “vai a ser máis sinxelo”; a continuación pasoulle a palabra ao técnico Fran Romay para explicar máis polo miúdo o percorrido da andaina, e comezou sinalando “que o obxectivo principal é darlle visibilidade a esta asociación que loita polos bebés prematuros que son aqueles nados antes da semana 37 de xestación, cun desenvolvemento inmaduro dos seus órganos e un maior risco de complicacións e mortalidade”.

Romay pasou a explicar o propio percorrido, “será unha andaina moi sinxela e familiar dunha hora -4 quilómetros-, o traxecto vai a ser dende a praza do Concello até á Ameixida onde se fará unha pequena parada para a continuación vir de volta de cara a praza do Concello. O traxecto será totalmente accesible e aberto a todo tipo de público”. Este ano vai a haber agasallos de camisetas e unha mochila para os primeiros 200 inscritos, e de cara ao final da proba haberá agasallos proporcionados polos patrocinadores.

O concelleiro de Sanidade agradeceu ás Amas de Casa de Ribeira e salientou que a prematuridade “é unha enfermidade descoñecida que causa a maior parte de mortalidade infantil por debaixo dos cinco anos”; Furones significou que en Galicia “temos unha taxa de prematuridade que é maior que no resto do estado español”.

O concelleiro fixo saber que con maior visibilidade da enfermidade, “se podería tratar máis adecuadamente para que os nenos/as tiveran máis posibilidade de saír adiante e dende o concello sempre estaremos axudando neste senso dunha causa nobre e máis dun hábito saudable; tamén”.

Deja un comentario