Friday 03 de October de 2025

Alternativa Culleredo denuncia que o Concello continúa sen interventor


A área económica en Culleredo atópase baixo mínimos en termos de persoal dende o inicio deste mandato. A situación máis clamorosa é a ausencia da interventora, actualmentede baixa longa, o que provoca que calquera cuestión que precise a súa supervisión estea bloqueada ou ralentizada.

Esta carencia ten unha grave repercusión no funcionamento municipal. Non só impide avanzar en cuestións de gran calado económico, senón tamén en todas as cuestións do día a día que precisan ser informadas pola intervención.

Dende Alternativa propuxose a creación da figura dun vice interventor, que apoie os traballos de intervención. O volume de traballo do departamento xustifica que dúas persoas poidan traballar de forma permanente nesta área e tamén preven situacións como a actual. Alcaldía confirmou que se está a estudar a incorporación da praza na Relación de Postos de Traballo (RPT).

Se ben houbo unha cobertura puntual da baixa, esta foi de curta duración. Na Actualidade, quen exerce como interventor accidental faino ademais das súas propias funcións, polo que resulta inasumible poder avanzar con normalidade.

A Concelleira, Thais Palla incide en que é de imperativa urxencia afrontar este asunto e adaptar unha solución acorde á gravidade da problemática existente.

Deja un comentario