Friday 03 de October de 2025

Comeza a programación dos sábados para o público infantil e familiar en Ribeira


Na mañá de hoxe, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, a concelleira de Cultura, Antía Alberte e a responsable do Servizo de Normalización Lingüística do concello, Alicia Padín presentaron o comezo da programación dos sábados pola mañá para público infantil e familiar.
“Presentamos o comezo da programación dos sábados pola mañá para público infantil e familiar no Lustres Rivas” apuntou Rivadulla e engadiu “organizados por Alicia Padín que a organizadora, dinamizadora destes contacontos dos sábados para as crianzas”.

Xa e tempo do outono e os sábados pola mañá as familias volverán ao Centro Cultural Lustres Rivas os sábados ás 12.00 h.

Esta nova programación se estrea mañá sábado con “Ondamini” de Mamá Cabra ás 12.00 h no Centro Cultural Lustres Rivas. Teremos a
música e os contos de Mamá Cabra, co seu espectáculo “Ondamini”. A nosa querida Gloria de Mamá Cabra vai facer que cantemos e bailemos cos nenos e coas nenas nunha mañá de diversión e aprendizaxe, para que ao chegar á casa poidamos seguir cos cantares que aprendamos.

O sábado, 18 de outubro ás 12.00 h teremos “Nube, nube, sol” de Teatro ao Cubo tamén no Centro Cultural Lustres Rivas. Nesta obra imos bailar e cantar. Os personaxes do bosque, e nós divertirémonos aprendendo como o sol e a chuvia cambian o noso contorno. A obra é moi xestual, os nenos e as nenas máis pequeniños que asistan tamén comprenderán moi ben o que sucede no escenario.

Pola súa banda a concelleira de Cultura presentou dúas propostas en marcha “que xa poñemos hoxe á luz para que organicen as súas
axendas”. “Retrincos”, con Isabel Risco e Fran Rei o domingo, 19 de outubro ás 20.00 h no Auditorio Municipal de Ribeira.

O día 19 de outubro, domingo, ás 20.00 h no Auditorio Municipal poderemos asistir á representación de “Retrincos”, con Isabel Risco e Fran Rei. Esta obra é para público xeral e intégrase no marco do ANO CASTELAO dentro do programa da Secretaría Xeral da Lingua FalaRedes. A entrada é libre e gratuíta, coa apertura de portas medio
hora antes de comezar a función.

O martes, 28 de outubro ás 11.30 h teremos “Rolán, Orlando, Roldán transita polo reino de Galiza” de Fantoches Baj no Auditorio Municipal de Ribeira para alumnado de 6º de primaria e 1º de ESO. Programamos en colaboración coa Deputación da Coruña unha obra excepcional, e que ten a nosa Serea de Sálvora presente. O mito de Roldán que viaxa desde Betanzos a Sálvora vai tomar vida no escenario do Auditorio Municipal para gozo de todos os rapaces e as rapazas que alí acudan. Teatro de monicreques cun actor e unha actriz que quedará nas súas retinas para sempre.

Padín salientou a confianza de veciños/as, “en que sigan gozando da programación do Concello de Ribeira que é do máis alto nivel que se pode ver hoxe en día en toda Galiza”.

A normalizadora insistiu unha vez máis e sempre “na importancia da transmisión do uso do galego ás nosas crianzas, e da necesidade de que usemos o noso idioma e poñamos toda a nosa forza en aumentar a presenza do noso ben inmaterial máis prezado O GALEGO”.

Deja un comentario